viernes, 19 de junio de 2015

FIN DO PROXECTO

Acabamos o proxecto sobre a elaboración do pan.
Aquí tedes o resultado.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!!

viernes, 5 de junio de 2015

EXPLICANDO...

Durante estas semanas, dentro do Plan Proxecta, estivemos traballando o proceso de elaboración do pan.
Nestas fotografías podedes ver a información e os elementos que trouxemos ó colexio, coa axuda das nosas familias (contos, moldes, trigo, fariña, millo, fotografías...).




martes, 2 de junio de 2015

FACEMOS PAN

Dentro do Plan Proxecta, @s nen@s e nenas de Educación Infantil fomos facer pan a unha panadería. 
Explicáronnos que se necesitan como ingredientes: auga, fariña, levadura e sal.
Despois de amasalo na amasadora, puxémonos a facer os boliños de pan (algúns preferiron facer barras).
Por último colocámolo para que o introducisen no forno!!! 
Máis tarde trouxéronnolo ó colexio para que o puidésemos levar para as nosas casas.
Que ben o pasamos!!!




TRABALLO REMATADO!

A semana pasada, achegabamos as fotografías dos nenos e nenas de 3ºEP cando estaban mans á obra coa elaboración do conto. Fixémolo partindo dunhas coplas aportadas por unha veciña de Borneiro.
Entre as coplas e as fotografías, que estiveron traendo á aula, elaboramos isto. 
Esperamos que vos guste.
COPLAS DESDE DOMBATE
Marta



Martina


Irene

 

Andrea
                                    
  
Iria


Mariña


Lucía Rodríguez


Alba


Blas

Lucía Amado

Abel







A RUTA DOS MUIÑOS

Martín
Íker
Enrique
Xabi
Lucía Romero
Braian
Álex

Aimée
Brais












O herbario do alumnado do 1º Ciclo

Herbas, herbas e máis herbas... iso é o que dicían os alumnos e alumnas de 1º e 2º mentres secaban e colocaban as plantas recollidas no Rego nas fichas do herbario. Xa aprenderon o nome de todas!!



















viernes, 22 de mayo de 2015

COPLAS CANTADAS E CONTADAS

Os nenos e nenas de 3º trouxeron á aula fotos, documentos antigos, coplas... sobre os muíños. Nós escollemos dúas coplas e decidimos facer un conto. Aquí vos achegamos un pequeno adianto do noso traballo.